Thursday 02 de May de 2024

O xerente do Xacobeo asiste á XXIX Asemblea Xeral da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago


Esta Federación, que agrupa a 34 colectivos xacobeos de toda España, realizando una amplo labor de promoción da peregrinación, de coidado e sinalización do Camiño, de difusión da cultura xacobea e de acollida e hospitalidade

O xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, asistiu á XXIX Asemblea Xeral da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago que tivo lugar na cidade de Logroño.

A Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago agrupa, na actualidade a 34 colectivos xacobeos, espallados por toda España realizando una amplo labor de promoción da peregrinación, de coidado e sinalización do Camiño, de difusión da cultura xacobea e de acollida e hospitalidade, pois esta Federación a través dos seus hospitaleiros voluntarios xestiona 22 albergues de peregrinos e colabora noutros 19.

A colaboración coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago é unha das accións estratéxicas que establece o Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o pasado setembro e que establece a folla de ruta da xestión do Camiño de Santiago en Galicia cun horizonte 2021.

Durante a celebración do encontro, o xerente do Xacobeo expresou a importancia dunha acción conxunta entre todos os axentes implicados na xestión do Camiño de Santiago para conservar os valores que identifican e singularizan á peregrinación xacobea e para garantir ás necesidades dos peregrinos do século XXI.

Así mesmo, Rafael Sánchez Bargiela, transmitiu a gratitude da Xunta de Galicia á María Ángeles Fernández que ao cumprir o seu segundo mandato como Presidenta da Federación Española deixa o seu cargo.

Neste senso, o xerente do Xacobeo expresou a vontade de continuar co novo equipo directivo da Federación a liña de mutua colaboración que leva existindo dende oito anos entre ambas entidades.